miércoles, 28 de mayo de 2008

Facendo un pouco de historia..........

Como galega que son ,hoxe,cambiando un pouco de tema, vamos facer un pouco de historia deGalicia, como ainda quedan moitos dias teremos tempo a falar e todo, deste modo quero descansar un pouco a mente e asi recordaremo un poco de historia da nosa terra galega.
Esta historia nos recorda como eran os habitantes dos nosos castros. A historia di que fai 2.700 anos, máis ou menos, Galicia, que daquela ainda non tiña nome, eran unha terra cuberta de bosques con árbores de moi diversas clases: bidueiras,pinos , avelairas, carballos, freixos, castiñeiros, falas, amieiros............
Todas esta especies medraban canto querian. pois o tempo era mais caloroso e chuvioso que agora e non habia coches ( !nin coñecian o carro) nin fábricas contaminantes.
Todo isto favorecia unha vida feliz na que bulian os paxaros e os cervos e os porcos bravos campaban polo monte sen que ninguén os molestase. O mesmo sucedia alén do Miño, no norte de que hoxe chamamos Portugal.
Pero, ollade acola, naquel cumio despexado..............parecen casas..............
E un castro. Os habitantes de esta terra, asentaronse nos cumios os monte onde apenas habia árbores,xa que para erguer un poboado no medio do bosue precisaban cortalo primeiramente e eles non dispoñian ainda de machadas de ferro. A nós que coa axuda das "bulldozer" xa temos desvatao o mundo, agás un cacho da selva amazónica, esas cousas dannos a risa.
Para eles,xa digo, non era doado. Ademais as alturas tiñan aoutras ventaxes que non tiñan os vales; nelas non habia augas estancadas a terra resultaba mais mol para botar u nhas rabizas,eran soleadas e, en caso de apuro, fronte aos enimigos, defendianse mellor.En fin, estes castrexos, como vedes, eran tipos moi loxicos.
Os castros eran de distintos tamaños, como hoxe hai cidades grandes e pequenas.
Estaban sempre rodeados por varias murallas de pedra e ás veces tamén por foxos, pero non eran fortalezas militares. Os castrexos erguianas para marcar os lindeiros do poboado, para gardar o gando ou para se dar prestixio.
Continuarei...............