sábado, 19 de abril de 2008

Corcubión cidade sin lei

Estamos en Corcubión, onde sempre reinou a paz, tranquilidade e armonía, hoxe pode dicirse que é un pobo totalmente distinto, é dicir, hoxe en día " Corcubión, vila onde a lei e a paz campa polos seus respetos".
Vivimos en Corcubión varias épocas do século pasado, e na actualidade estamos xa no século XXI ,época , que máis que en tempos modernos parece ser, estamos no Oeste americano, onde todavía impera a ley do máis forte, hoxe é o que está tratando de pasar aquí, o están conseguindo, hoxe Corcubión é un pobo pantasma onde impera a lei da mentira,falsidade e hipocresía. Amiguismo e caciquismo van xuntos, é pena que dous deran tantas prebendas xuntas que non soubemos asimilar, simplemente creo que estamos en democracia, é dicir ,dende o ano setenta e oito pasaron moitísimas cousas, saltando dun réxime onde tiñamos que bailar ó son que nos tocaran a abrirnos a man de tal forma que xa quixemos ser libres en todo , e o que antes nos prohibían coa democracia, chegounos a liberdade e o desmadre.
Chegaron tamén as primeiras eleccións democráticas e así comezaron as discordias no pobo, saímos da época franquista entrando de cheo na época onde comezaron a darnos unha liberdade que non soubemos asimilar,así, chegou o progreso, comezaron a destruir as belezas do noso querido pobo, quixeron fomentar o turismo e o que fixeron foi destruir as nosas costas, logo os nosos gobernantes , en vez de tratar de unir ó pobo o que fixeron é convertilo en cidade sin lei onde imperan a envidia, os resentimientos e o ánimo de facer dano e mal ós demais , só podo dicir que para min son uns resentidos da vida.
Hoxe é xa fin de semana e o luns D.M. seguirei escribindo .O tema será das
"novas eleccións municipais" e todo o que leva sucedido neste tempo.